O porto de Muros acolle este 1 de outubro unha exhibición solidaria da Garda Civil

28 Setembro 2026

Este xoves 1 de outubro o porto de Muros vai acoller unha exhibición solidaria de medios da Garda Civil.

Participan as seguintes unidades do destacamento armado e doutros corpos de seguridade cidadá: TEDAX, USECIC, Criminalista, Unidade Canina, SEPRONA, PALIF, Equipo Pegaso, Seguridade Cidadá, UHEL, GEAS, EREI, Tráfico, OMAP, Policía Local, GES e Protección Civil.

Contarase cun stand de Cáritas Muros para a recollida de alimentos non perecedoiros situado na zona do quiosco de Roquiño.

Non se poderá estacionar dende o martes 29 as 8:00h ata o xoves 1 as 22:00h nas zonas de: Roquiño, Varadeiro e parte do recheo. Estarán todas sinalizadas.

O evento está organizado en colaboración co Concello de Muros e desenvolverase en dúas quendas para dar cabida tanto a centros educativos como a toda a veciñanza: os escolares pola mañá de 10.00 a 14.00 horas e o público en xeral pola tarde de 16.00 a 18.00 horas.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.