O musical inclusivo “Peter! Voamos!” chega a Ribeira da man de ASPAS

18 Setembro 2026

O Auditorio Municipal de Ribeira acollerá o vindeiro domingo, 27 de setembro, ás 19.00 horas, o musical inclusivo Peter! Voamos!, un proxecto impulsado pola Asociación ASPAS e apoiado polo Concello de Ribeira. A entrada será gratuíta ata completar a cabida do recinto e as portas abrirán media hora antes.

Baseado na historia de Peter Pan, o espectáculo conta coa participación de máis de 48 actores e actrices con discapacidade intelectual, que son os protagonistas da montaxe. O proxecto complétase cunha orquestra en directo de 12 músicos, un grupo de bailarinas e un amplo equipo de voluntariado e profesionais das artes escénicas, implicando en total a máis dun cento de persoas.

Con nove anos de traxectoria, Peter! Voamos! foi representado en diferentes localidades galegas. A función ten unha duración aproximada de 90 minutos e combina teatro, música e danza nunha proposta que pon en valor o talento e as capacidades artísticas das persoas con discapacidade intelectual.

Desde o Concello de Ribeira destacan o valor desta iniciativa como exemplo de cultura inclusiva e agradecen á Asociación ASPAS a súa aposta por traer o espectáculo ao Auditorio Municipal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chulos e prepotentes” – José Manuel Pena

“Chulos e prepotentes” – José Manuel Pena

A honestidade está a converterse nun ben escaso, na sociedade actual, en favor da prepotencia, a chulería e a insensibilidade social e humana. Demasiados “personaxes” da política, do mundo financeiro, empresarial así como da farándula apenas recoñecen os seus erros e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.