O MUGART organiza este sábado unha visita guiada para coñecer a histórica mostra “Imaxe surreal de Galicia” de Quessada

04 Setembro 2026
charset=Ascii Screenshot

Este sábado 5 de setembro, en horario de 12.30 en adiante, a sede do MUGART (Museo do Gravado de Artes, Ribeira) vai dar acollida a unha visita guiada pola exposición Imaxe surreal de Galicia, de Xaime Quessada.

Na visita estará o comisario da mostra e membro da Fundación Xaime Quesada Blanco, José Gómez Alén.

Imaxe surreal de Galicia é unha colección creada polo recoñecido pintor e gravador ourensán Xaime Quessada Porto (Quessada). Nestes gravados o artista plasmou a súa particular e expresiva visión da historia, a identidade e os mitos de Galicia a través dunha linguaxe marcadamente surrealista e reivindicativa.

Quessada concibiu esta serie para narrar unha crónica visual e histórica persoal de Galicia, poñendo o foco en cuestións políticos, sociais e históricos con pezas destacadas como Os fascistas ou Os mártires de Carral.

A mostra foi comisariada por José Gómez Alén e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, director do Museo do Gravado de Artes.

Máis información no Facebook do MUGART.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.