O Liceo de Noia e Noia Histórica activaron este mes os “Sabadetes” para seguir apoiando o comercio de proximidade

19 Setembro 2026

Co inicio do novo curso a Sociedade Liceo de Noia e a asociación de empresarios Noia Histórica activaron a campaña dos Sabadetes, unha iniciativa de dinamización comercial e social que inclúe sorteos, premios e campañas para impulsar a economía da vila e do concello, incentivando as compras dos negocios de proximidade.

Un dos seus principais puntos fortes son os premios en vales de compra, que as persoas beneficiadas poden trocar por produtos ou servizos nas máis de 150 empresas socias de Noia Histórica (comercio, hostalería, servizos) e que poden chegar aos 250 euros en datas sinaladas (premios especiais).

Trátase dunha iniciativa xa moi afianzada cun gran movemento económico na vila. De feito, nalgunhas edicións chegáronse a repartir máis de 9.500 € en premios ao longo do curso (na pasada edición).

Como dixemos, os Sabadetes iniciaron unha nova andaina co inicio do curso, e de feito o Liceo de Noia e Noia Histórica veñen de renovar o seu convenio de colaboración e a campaña arrancou de novo hai moi poucos días: o pasado 12 de setembro, marcando o inicio oficial da tempada de sorteos que se irá desenvolvendo ao longo dos vindeiros meses.

Podemos seguir as actualizacións semanais dos sorteos e os números premiados directamente nas redes de Noia Histórica.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.