O Concello de Ribeira adxudica catro contratos por máis de 300.000 euros

07 Setembro 2026
Imaxe de arquivo da praza do Centenario

O Concello de Ribeira comezou curso adxudicando catro contratos por un importe total de 312.212,11 euros, correspondéndose un deles con servizos, mentres os tres restantes son relativos a infraestruturas.

“Iniciamos o mes de setembro xa con deberes feitos e temos xa varias obras moi demandadas que se realizarán en vindeiras datas. A que xera maior expectación é a do parque infantil do Centenario, en pleno centro da cidade, pero tamén temos intervención de magnitude para o rural, concretamente para a parroquia de Carreira, así como para o noso parque empresarial. E, ademais, temos unha adxudicación en materia de servizos”, destaca a alcaldesa, María Sampedro.

A construción do parque infantil na praza do Centenario é a que supón un maior investimento ao ser adxudicada por a Juegos Kompan, S.A. por un importe de 160.119,30 euros, IVE incluído, ao ser a mellor oferta das cinco empresas que concorreron ao proceso. Proxéctase a construción dun novo parque deseñado con elementos diferentes aos situados no resto de zonas recreativas para as crianzas no centro urbano co obxectivo de ampliar a oferta de áreas de ocio.

Os elementos a instalar son unha estrutura en forma de cúpula de onde se suspenden varios xogos de corda, capas de redes, escaleiras, pontes de corda, un tobogán, unha hamaca e tirantes; unha randeeira tipo péndulo; unha roda xiratoria; outra estrutura tipo sendeiro de parkour; outra randeeira con asento inclusivo e asento bebé; e unha cunca xiratoria. O período de execución das obras sitúase nos catro meses.

Así mesmo, adxudicouse a pavimentación e instalación de pluviais nunha vía do polígono industrial de Xarás á empresa Canarga, S.L. por unha contía de 78.099,99 euros, impostos incluídos, por tamén contar coa mellor proposta das seis empresas que optaron no proceso de licitación. O acondicionamento deberase acometer nun prazo de dous meses.

Tamén se adxudicou a mellora do firme do camiño que une Laxes e Aldea, co-financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España. Movimientos Áridos y Construcciones de Arosa, S.L. (Marconsa) é a que realizará esta actuación por 60.502,47 euros, IVE incluído, nun prazo de dous meses, ao contar coa mellor oferta das tres que se presentaron.

No apartado de servizos, adxudicouse o contrato privado de seguros da flota de vehículos e máquinas municipais por 12.490, 35 euros anuais (exento de IVE) a Axa Seguros Generales S.A. de Seguros y Reaseguros, sendo a que mellor proposta tivo das tres aseguradoras que concorreron. Este contrato dá cobertura a un total de 42 vehículos e a duración establécese nos dous anos, con posibilidade de prórroga dun ano.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.