O Concello de Ribeira abre o prazo de matrícula para a Escola Municipal de Música

07 Setembro 2026

Co inicio do mes de setembro comeza tamén a actividade da Escola Municipal de Música de Ribeira, polo que o Concello abre hoxe o prazo de matrícula. Trátase de formación musical dirixida a crianzas de 4 a 7 anos que se comezará a impartir no 2 de outubro, no Conservatorio de Música Profesional ‘Enrique Paisal’.

A concelleira de Educación, Nucha Brión, explica que “co inicio do curso escolar poñemos tamén en marcha a Escola Municipal de Música para formar aos máis pequenos da casa nas materias que sexan do seu interese e ir mergullándose de todo canto ten que ofrecer o noso conservatorio”.

Música e movemento, a partir de 4 anos, terá lugar nos mércores e venres, de 16.30 a 17.15 horas; Iniciación musical, de 5 a 6 anos, será nos mércores e venres, de 17.30 a 18.15 horas; e Preparatorio, de 7 anos en diante, desenvolverase nos mércores e venres, de 18.30 a 19.15 horas.

O formulario de inscricións, xunto as instrución para a formalización da matrícula, atópase dispoñible na páxina web municipal.

A maiores, tamén permanece aberto ata o 11 de setembro o prazo de preinscrición de alumnado oínte. Esta pódese facer a través do teléfono de contacto 981 873 204 ou do enderezo electrónico conservatorio@ribeira.gal. Será preciso indicar nome, apelidos, DNI, data de nacemento, teléfono de contacto e lección nas que solicita a praza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.