O Concello de Dodro activa as Escolas Deportivas Municipais 2026-2027

07 Setembro 2026

As Escolas Deportivas Municipais de Dodro correspondentes ao curso 2026-2027 abren esta semana o seu prazo de inscrición, concretamente o mércores 9. Trátase dun programa de actividades que ofrece unha alternativa de ocio para a poboación, buscando xeitos de mellorar a calidade de vida e o lecer da veciñanza. A axenda divídese en 3 bloques en función da idade: menores de 15 anos, persoas adultas e maiores de 65 anos ou persoas con mobilidade reducida.

Este ano introdúcense algunhas variacións con respecto ó curso anterior buscando unha renovación: actividades novidosas (en palabras do Concello) que “complementen a oferta deportiva e que buscan chegar a un público máis amplo”.

Para os menores de 15 anos o Concello ofrece as seguintes escolas: Psicomotricidade, Patinaxe, Multibaile e Artes Marciais Júnior. Para os adultos Ximnasia de Mantemento, Coreodance, Pilates e Full Body. E para os maiores de 65 anos e/ou mobilidade reducida Psicomotricidade e Tonificación.

A inscrición comeza o vindeiro 9 de setembro. As persoa interesadas en formalizar a inscrición poden facelo no Departamento de Deportes, no Pavillón Polideportivo Municipal.

A taxa correspondente a cada actividade farase efectiva unha vez confirmada a praza.

No caso de que as solicitudes superen o número máximo de prazas realizarase un sorteo. Para máis información chamar o 981 802 532 ou ao 689 897 223 , por correo electrónico na dirección deportes@dodro.gal.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.