O cemiterio de San Amaro homenaxea a Alejandro Pérez Lugín no centenario do seu pasamento

05 Setembro 2026

O cemiterio coruñés de San Amaro acolleu este sábado un acto civil de homenaxe a Alejandro Pérez Lugín con motivo do primeiro centenario do seu pasamento, ocorrido o 5 de setembro de 1926 no Burgo (Culleredo). A iniciativa partiu do Museo Casa de la Troya de Santiago e da Asociación de Antiguos Compostelanos, coa colaboración da Tuna de Veteranos da Coruña e da Asociación da Prensa da Coruña (APC).

A conmemoración consistiu nunha ofrenda floral ante o sartego do autor de La casa de la Troya, presidido pola escultura xacente obra de Bonome e situado a carón doutros dous senlleiros personaxes retratados na súa obra: o exalcalde e expresidente da RAG Manuel Casás e o xornalista Alejandro Barreiro. Durante o acto tomaron a palabra Benigno Amor, presidente da Asociación de Antiguos Compostelanos; Domingo Álvarez, presidente da Tuna de Veteranos da Coruña; e Doda Vázquez, presidenta da APC. O tributo pechouse coa interpretación musical conxunta de varias pezas a cargo da Tuna de Veteranos e da agrupación Troyanos de Compostela.

Benigno Amor reivindicou a pegada do escritor, xornalista e cineasta madrileño de orixe galega:

«A Pérez Lugín debémoslle a novela máis popular de todas cantas se cinguen ao ambiente compostelán: La casa de la Troya (1915). Éxito de vendas inmediato, fascinou aos lectores do seu tempo e non tardou en ser adaptada ao cine, ademais de recibir o premio Fastenrath da RAE».

A figura de Lugín mantivo sempre unha fonda unión con Galicia, terra coa que tiña lazos familiares directos —súa nai era prima de Rosalía de Castro— e onde cursou Dereito. Esta relación estreita traduciuse no afecto da cidade da Coruña, cuxo concello asumiu o seu enterro hai un século e dedicoulle unha rúa en Cidade Xardín, ademais do premio de xornalismo fundado tras o seu legado á prensa coruñesa. Os organizadores avanzaron que nos vindeiros meses proseguirán os actos conmemorativos deste centenario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.