O BNG demanda protexer ao sector do mexillón na reforma da xestión dos mercados europeos da pesca

01 Setembro 2026

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, subliñou este martes 1 de setembro, na Comisión de Pesca da Eurocámara, “a necesidade de protexer produtos como o mexillón na reforma en marcha do sistema europeo que regula os mercados da pesca e a acuicultura”, porque “o sector mexilloeiro no meu país sinte unha indefensión moi grande fronte ás importacións de países como Chile”.

A petición sitúase no marco do traballo despregado pola Comisión Europea co impulso da reforma da Organización Común de Mercados (OCM), o sistema que xestiona dentro da Unión Europea os produtos da pesca e da acuicultura para garantir un sistema sustentábel, estable e de competencia xusta.

“Valoramos esa reforma da OCM co obxectivo de mellorar a información ao consumidor, para incluír así a un produto como o mexillón tan importante para a creación de emprego”, afirma Ana Miranda, quen lembra que “xa noutras comisións parlamentares falamos da necesidade de ter regras claras”.

A rastrexabilidade dos produtos propios para evitar a competencia desleal fronte aos produtos importados dende fora da Unión Europea segue a ser unha demanda da representante do Bloque, para ofrecer garantías ao consumidor. Ana Miranda denunciou que “o mexillón de Chile, por mor da transparencia no etiquetado e de información non pon de onde vén, só que foi transformado en Galiza. Os consumidores teñen que saber a orixe”.

A entrada en vigor do Acordo de Libre Comercio Unión Europea-Chile creou un marco sen aranceis para produtos dese países suramericano, como o mexillón, que favorece a súa entrada no mercado único europeo. A propia Comisión recoñece a falla dunha regulación protectora e “o máis afectado é o mexillón galego”, volve sinalar a eurodeputada Ana Miranda.

En Galiza hai máis de 3.300 bateas distribuídas ao longo da costa con 12.000 traballadores e traballadoras dependentes desta actividade e cunha facturación anual de preto dos 125 millóns de euros.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.