María Lago reclama á Xunta “unha solución urxente” para a falta de persoal na Escola Infantil de Muros

14 Setembro 2026

A alcaldesa de Muros, María Lago, enviou esta mañá á conselleira de Política Social da Xunta, Fabiola García, unha carta para esixirlle “a urxente cobertura de postos na Escola de Educación Infantil de Muros”.

En palabras da rexedora, “a falta de persoal nesta escola, da rede Galiña Azul da Xunta, está a afectar ao normal funcionamento do centro e á conciliación das familias usuarias. O curso iniciouse o 8 de setembro, cun atraso dunha semana, e actualmente só están incorporadas dúas das seis traballadoras necesarias”. Engade que “esta situación está a impedir a prestación do servizo no horario completo, ofrecéndose actualmente ás familias atención só ata as 13:30 horas, debido ao incumprimento das ratios de persoal”.

Así mesmo, a carta lembra que estaba prevista para hoxe, luns 14 de setembro, a incorporación da totalidade do alumnado matriculado, “sen que, segundo se trasladou ao Concello, estea garantido o cumprimento das ratios necesarias, o que podería impedir a asistencia das crianzas ao centro”.

“Esta situación está a ocasionar graves dificultades de conciliación familiar e laboral ás familias usuarias, polo que lle solicito que se adopten con carácter urxente as medidas necesarias para cubrir os postos vacantes, garantindo o cumprimento das ratios e a prestación do servizo no seu horario habitual”, remata a alcaldesa, que demanda á Xunta “que informe a este Concello sobre as actuacións previstas e a previsión para a incorporación do persoal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.