Gardacostas incauta máis de mil aparellos ilegais e case trescentos quilos de marisco e peixe en Galicia

13 Setembro 2026

O Servizo de Gardacostas de Galicia incautou máis de mil aparellos ilegais e preto de trescentos quilos de peixe e marisco en varios controis contra o furtivismo desenvolvidos por terra e mar no litoral galego

As actuacións saldáronse co levantamento de trinta e dúas actas de infracción e inspección tras intervir máis de mil nasas sen identificar xunto con máis de mil seiscentos metros de cabo e un palangrillo en rías como as de Corcubión Arousa Pontevedra Muros e Vigo así como en Sada e na contorna da illa de Ons

En canto ao marisco os axentes comisaron máis de douscentos corenta e oito quilos de polbo con tallas antirregulamentarias xunto con nécoras centolas camaróns e bivalvos que foron devoltos na súa maioría ao mar ao atoparse con vida para garantir a rexeneración das especies

O operativo completouse en terra grazas á colaboración co Seprona en Xove e Baiona onde se interceptaron capturas sen trazabilidade comercial como percebes e peixes variados que ao teren condicións sanitarias aptas foron doadas a centros benéficos de Viveiro e da contorna viguesa

Outros artigos

Unha persoa resulta ferida e excarcerada tras chocar cun poste en Rois

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro veñen de intervir en accidente con atrapados no Concello de Rois. Xunto Ges Padrón, 061, Garda Civil e PC Rois. Un condutor tivo que ser liberado do interior do...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.