Evacúan en helicóptero medicalizado a unha persoa rescatada do mar na praia de Compostela, en Vilagarcía

10 Setembro 2026

Unha persoa tivo que ser evacuada de urxencia en helicóptero sanitario esta tarde tras ser sacada da auga en estado inconsciente na praia de Compostela, no concello de Vilagarcía de Arousa.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia tivo constancia do suceso dez minutos antes das seis da tarde grazas á chamada dun particular. A persoa alertante informou de que a vítima se atopaba aboiando no mar e que, tras conseguiren retirala ata a beira, varios bañistas e persoas presentes comezaran a realizar tarefas de reanimación sobre a area.

Dende a sala de operacións activouse un operativo no que se mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, patrullas da Policía Nacional e da Policía Local, canda membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía. Tras recibir as primeiras asistencias no propio areal para tentar estabilizala, a persoa foi evacuada a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago cara a un centro hospitalario.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.