“España pode perder a posibilidade de rehabilitar os seus mares”. Antón Luaces

01 Setembro 2026

A falta de transparencia do ministerio para a Transición Ecolóxica -que non fixo público o borrador do Plan Nacional de Restauración (PNR) que debería presentar hoxe, martes, á Comisión Europea, é criticada por organizacións ecolóxicas coma Oceana, que teme que o plan non inclúa medidas dabondo ambiciosas nun momento no que as augas españolas se enfrontan a ondas de calor mariña cada vez máis frecuentes e intensas.  Investir na restauración dos ecosistemas mariños e costeiros é fundamental para a melliora do seu estado de conservación e a súa resiliencia ante a crjse climática.

Ao longo dos 22 meses do proceso de participación, apenas se facilitou información sobre as medidas mariñas cocretas contempladas no PNR e que deixou aos expertos e á sociedade civil sen coñecer as propostas que teóricamente vai presentar España. No que atinxe aos hábitats mariños, competencia do Goberno central, , o ministerio citado tentará xustificar esta falta de transparencia alegando que o PNR seguirá pendente de validación por parte doutros ministerios implicados na súa elaboración. 

En decembro de 2025, o Goberno anunciou un Pacto de Estado ante a Emerxencia Climática cun plan de dez puntos que incluía medidas para avanzar na protección do océano dado o seu papel na mitigación dos impactos das ondas de calor e os anegamentos costeiros.

O Plan Nacional de Restauración é fundamental para cumprir os obxectivos do Pacto polo Clima e permitir que a Natureza se recupere será máis rendible -sinala a cientlfica sénior de Oceana en Europa, Helena Álvarez-  que asumir os custes da degradación ambiental e económica que provocará a crise climática.   

É moi necesario un plan ambicioso para que España reforce a resiliciencia das súas zonas costeiras e afronte a consecuencia climática. Esto, á súa vez, contribuiría a garantir o futuro da pesca e das localidades que dependen do mar. 

A restauración e protección efectiva dos hábitats marilños degradados pode aumentar a resiliencia dos ecosistemas, mellorando a súa capacidade para afrontar as ondas de calor mariñas cada vez máis severas e a outros fenómenos meteorolóxicos extremos. 

Oceana mantén que a restauración pasiva no mar, mediante zonas de actividade extractivas é a maneira máis rendible de restauración mariña e debería ser unha prioridade no PNR. Oceana xa presentou propostas concretas baseadas na evidencia científica que o Ministerio para a Transición Ecolóxica pode Incorporar ao Plan, entre elas as recollidas no seu informe. Este identifica 50 áreas prioritarias nas que debera aplicarse a restauración pasiva para recuperar pradairos mariños, bosques de algas e hábitats esenciais para especies ameazadas. Estas zonas de non extración representan actualmente moito menos do 1% das augas españolas. Crear máis destas zonas permitiría a España avanzar cara ao cumprimento do seu compromiso de protexer estritamente o 10%  das súas augas para o ano 2030. 

O Regulamento sobre a Restauración da Natureza estioula que os Estados integrantes da UE deben presentar á Comisión Europea os seus borradores de plans nacionais de restauración antes do 1 de setembro do 2026. A día de onte nada se sabía ao respecto  por parte española.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.