En Noia o Concello pon a punto os colexios da Barquiña e de Bergondo

06 Setembro 2026

Nestes días previos ao inicio da tempada escolar o Concello de Noia mantivo varias frontes de traballo abertas en materia de acondicionamento, poñendo a punto os colexios públicos do termo municipal.

Segundo informaron dende o Consistorio, tanto no CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso, na Barquiña, coma no CEIP Felipe de Castro, en Bergondo, realizáronse diferentes labores de limpeza, roza, mantemento e adecuación dos espazos para que todo estea nas mellores condicións á hora de recibir de novo ao alumnado.

O Concello explicou que “son días de moito traballo nos centros, con patios que se preparan, zonas verdes que se acondicionan e pequenos detalles que se revisan antes de que volvan as mochilas, os recreos e a actividade ás aulas”.

Dende o Consistorio agradeceron a implicación de todo o persoal que está participando nestes días na posta a punto dos centros e “facendo posíbel que todo estea preparado para comezar”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.