No INTERIOR DE CORUÑA, SUROESTE DE CORUÑA, MONTAÑA DE OURENSE E RÍAS BAIXAS, as temperaturas acadarán o NIVEL 1 (AMARELO) de alerta.
Galicia vivirá unha xornada de marcada estabilidade meteorolóxica baixo o influxo directo das altas presións, que se situarán centradas ao norte da comunidade. Esta configuración sinóptica favorecerá a entrada dunha masa de aire cálido procedente do sur, o que propiciará un lixeiro ascenso xeral das temperaturas. (máximas de 32 a 34 graos).
O panorama estará dominado polos ceos despexados en practicamente todo o territorio, aínda que durante as primeiras horas da mañá poderán formarse algúns bancos de néboa illados que tenderán a disiparse axiña.
En canto ao réxime eólico, o vento soprará de compoñente nordés. Con carácter xeral manterase frouxo, aínda que cobrará intensidade no extremo setentrional da comunidade, acadando forza moderada e con intervalos fortes na contorna de Estaca de Bares.

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.



