Dodro achega unha axenda de outono cargada de actividades culturais e divulgativas

07 Setembro 2026

A programación cultural de outono chega a Dodro cargada de actividades, da man da Área de Cultura do Concello. A axenda comezou este 4 de setembro cunha visita guiada polos Quinquilláns ás Torres de Hermida en Lestrobe e continúa o 13 de setembro cunha visita da Banda de Música de Padrón (ás 13.30 horas no campo da festa de Laíño, no marco do programa Ecos de Sar) e cunha charla sobre a sabedoría das curandeiras (o 18 de setembro ás 17.30 na Biblioteca). Setembro remata da man de Alba de Vales e a sesión Unha xograría de aldea (o 25 na Casa da Cultura ás 17.30h).

Outubro arrincará cunha xornada de cosmética ecolóxica (o día 2 ás 17.30 na Biblioteca), unha xornada sobre petróglifos con Carmen Domech (o 9 de outubro ás 17.30 na Casa da Cultura), unha sesión sobre a regueifa galega (o 17 de outubro ás 19h no Local Social de Montiño), o espectáculo para a rapazada Salvaxe, Salvaxe (o 23 ás 12h no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón), a sesión familiar Conservas o noso (o 23 ás 17.30h na Biblioteca) e o espectáculo Espantamedos de Fantoches Baj (o 30 de outubro ás 17.30 na Biblioteca).

En novembro haberá programas de sensibilización e loita contra a violencia de xénero (do 9 ao 19 na Casa do Concello), o espectáculo Cinema Marabillas de Raquel Queizás (o 20 de novembro ás 17.30h na Casa da Cultura) a máis a deliberación do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (o 21 de novembro ás 10h na Casa da Cultura).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.