Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

12 Setembro 2026

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila.

O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada polos membros da Coral do Círculo Mercantil. Ao remate do oficio, a talla da santa percorreu a contorna do templo nunha procesión seguida por numerosos fieis. O acompañamento musical correu a cargo do grupo de gaitas Xiada e da Banda de Música Prudencio Romo de Lousame, formación que ofreceu un breve concerto no adro para pechar o acto.

A representación institucional contou coa presenza da alcaldesa, María Sampedro, do director xeral da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, o ribeirense Salvador Mariño-Ageitos director xeral de Atención Primaria w Comunitaria xunto a outros membros da corporación municipal e membros de autorizades e institucións locais.

A programación festiva deseñada polo Concello prolóngase durante toda a fin de semana cunha combinación de citas relixiosas, actividades lúdicas e tradición popular.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.