A Garda Civil informou do desartellamento dun punto de venda de droga no concello de Boiro. O corpo armado logrou incautar 60 dose de heroína, 31 de cocaína, 26 de haxix e 4 de marihuana. Ademais, o alixo incluía máis de 1.400 euros en efectivo
Durante a actuación, as persoas detidas (dúas persoas) arremeteron o seu coche contra un vehículo policial e fuxiron a gran velocidade polo monte. Abandonaron o coche nunha zona de difícil acceso e foron interceptados posteriormente.
A condutora carecía ademais de permiso de condución.
Ambos, con antecedentes por feitos similares, ingresaron en prisión provisional sen fianza por orde xudicial.





