Comeza o mes de setembro en Boiro con citas festivas en varias parroquias

01 Setembro 2026

Comeza o mes de setembro e continúa a actividade cultural e festiva en Boiro con propostas de actividades en distintas parroquias organizadas polas comisións de festas. A concelleira de Cultura, María Outeiral, xunto con membros das distintas comisións, presentou as actividades.

Durante a fin de semana primeira de setembro celebraranse en Boiro as Festas do Carme de Abanqueiro, que serán os días 4, 5 e 6 de setembro no Bodión con actuacións musicais e a tradicional procesión marítima que está programada para o domingo día 6.

Tamén haberá na fin de semana festa no Castro coa celebración dos festexos na honra da Nosa Señora do Castro. Haberá actividade para todos os públicos os días 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro. Xunto coas Festas do Castro, no Cabo da Cruz terá lugar o 5º encontro de embarcacións tradicionais Mar de Cabo.

O sábado 5 de setembro terá lugar tamén en Bermo unha nova edición da festa da amizade con xantar tradicional e actuacións musicais.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, convidou á veciñanza a participar destas festas e agradeceu “a gran implicación de todas as persoas que forman parte das comisións de festas e asociacións que fan posible que Boiro teña unha gran actividade festiva durante todo o ano”.

Outros artigos

Camiño Escena Norte inclúe Outes no seu percorrido galego

Volve coller corpo Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas que celebra este ano a súa oitava edición e que desenvolverá (co apoio da Xunta) a súa programación do 18 de setembro ao 15 de novembro de xeito simultáneo en...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.