Comeza a conta atrás para a celebración da V Xornada de Pesca de Ribeira

09 Setembro 2026

A OPP83-Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía (Sociedad Cooperativa del Mar Santa Eugenia) celebra este venres, 11 de setembro, a V Xornada de Pesca de Ribeira, centrada no futuro da frota, o escenario posFEMPA, a modernización e a cesión de capacidades dispoñibles a buques pesqueiros.

A apertura, ás 9.30h, contará coa xerente da OPP83, María José Casais; o director da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Juan Domingo Cambeiro; e a alcaldesa de Ribeira, María José Sampedro. Ao longo da xornada participarán o subdirector general de Sostenibilidad Económica y Asuntos Sociales del MAPA, Manuel Pablos; o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón; a directora general de Marina Mercante, Ana Núñez; o director de Bureau Veritas Norte de España, Ricardo Iparraguirre; e o director xeral de VICUSdt, Adrián Sarasquete.

A clausura, prevista para ás 13.30h, contará coa participación da conselleira do Mar, Marta Villaverde, xunto á xerente da OPP83, María José Casais.

Baixo o título Claves para abordar a pesca no próximo fondo marítimo-pesqueiro, a xornada reunirá a responsábeis de distintas administracións e expertos para analizar cuestións de especial interese para a sector, desde o novo escenario que se abre tralo FEMPA ata as posibilidades de modernización da frota e a xestión das capacidades dispoñíbeis para os buques pesqueiros.

A xornada, que conta con financiamento da Xunta de Galicia e o FEMPA no marco do PPeC 2026 da Organización de Produtores Pesqueiros de Ribeira, será clausurada por María José Casais e finalizará cunha degustación de produtos pesqueiros prevista para as 13.45 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.