Boiro premia o compromiso coa comunidade na nova edición do Distintivo Benestar Social

04 Setembro 2026

O Concello distingue o labor das educadoras infantís, a AECC, Alar Galicia, Agadea, a Garda Civil e a veciña Cocó Blanco.

O Concello de Boiro celebrou este venres unha nova edición do Distintivo Benestar Social, un acto que ten como finalidade promover a labor social e de voluntariado no municipio. O acto contou coa participación do alcalde, José Ramón Romero; o concelleiro de Política Social, Raúl Treus; o delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco; a deputada da área e servizos sociais da Deputación da Coruña, Mar García; e o director xeral de Inclusión da Xunta de Galicia, Arturo Parrado.
O concelleiro de Política Social, Raúl Treus, foi quen abriu o acto e fixo entrega do distintivo da categoría de Superación e Exemplo, que este ano o recibiron as mestras e educadoras das escolas infantís de Boiro pola súa aportación á educación e coidado dos nenos e nenas de 0 a 3 anos.
A deputada de servizos Sociais, Mar García, fixo entrega do segundo distintivo na categoría de Voluntariado, que este ano o recibiron as persoas voluntarias da asemblea local de Boiro da Asociación Española Contra o Cancro polo seu traballo e contribución á investigación na loita contra o cancro.
O distintivo da categoría de Inclusión entregouno o director xeral de Inclusión, Arturo Parrado, ao equipo de profesionais de Alar Galicia pola súa colaboración con outras entidades sociais e a administración local en prol da inclusión.
Na categoría de Entidade Social os galardoados deste ano foron a asociación Agadea, polo seu traballo en apoio ás familias e a súa innovación continua e apoio ao municipio; entregou o distintivo o delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco.
O acto deste ano contou cun recoñecemento extraordinario que o recibiu Cocó Blanco polo seu traballo de voluntariado en eventos culturais, deportivos e sociais. Entregoulle o premio a galardoada do ano pasado, Digna Torrado.
O último dos distintivos, na categoría de Méritos Extraordinarios, foi para os axentes da Guardia Civil de Boiro polo seu traballo a prol da seguridade e o benestar común. Entregou este distintivo o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, que pechou o acto recoñecendo que “dende o concello entendemos que falar de benestar é falar de quen precisa apoio, de quen coida, de quen dedica o seu tempo aos demais e de quen, de xeito altruísta traballa para construír un Boiro máis xusto e mais humano”.

Boiro premia o compromiso coa comunidade na nova edición do Distintivo Benestar Social

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.