O BNG esixe ao Goberno a mellora das axudas ao gasóleo na pesca pola suba dos prezos

14 Setembro 2026

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou ao Goberno en distintas iniciativas parlamentares “a adopción de novas medidas encamiñadas a mellorar as axudas ao sector pesqueiro pola suba dos combustíbeis e do resto de insumos”.

Néstor Rego demanda ao Executivo que “revise os baremos de compensación canto antes e que se fixen por consumo efectivo e se poidan percibir de forma directa”. Así mesmo, insta a que se axilice o pagamento das cantidades que se adebeda ao sector pesqueiro galego por mor das axudas estipuladas no  Real Decreto 7/2026.

O deputado do BNG lembrou que “o Goberno estabeleceu hai meses a contía de 20 céntimos por litro para a adquisición de gasóleo pesqueiro en función do consumo diario, do seu custo semanal tamén en carburante e os día se actividade, téndose en conta tamén as artes de pesca utilizadas e se opera en caladoiro nacional ou internacional”.

“Son axudas paliativas claramente insuficientes, absolutamente superadas polo incremento dos prezos, e que arrastran un importante atraso no seu pagamento. Xa criticadas polo sector no seu momento”, sinalou Rego, engadindo que o prezo do gasóleo incrementouse nun 57% respecto ao prezo anterior á guerra e actualmente rolda o 1,20 euros o litro.

“A compensación non dá para nada e o baremo ficou absolutamente desfasado pola situación alcista dos prezos dos combustíbeis polo que debería chegar no mínimo aos 50 céntimos”, declarou o deputado do BNG, apuntando que “esta situación vén engadirse aos moitos problemas que xa padece o sector pesqueiro e ademais, no caso da frota artesanal, a unha perda de produtividade galopante, o que está a provocar unha situación absolutamente inasumíbel e cun gravísimo impacto en todo o sector e especialmente nas frotas de baixura”.  

Así, concluíu, “diante da escalada dos prezos dos combustíbeis, dos insumos, da carnada, é imprescindíbel adoptar medidas e solucións solventes, urxentes e áxiles para poder manter a actividade e para que se poida seguir a garantir a subministración de produtos do mar”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.