A Rede de Mercados Excelentes de Galicia suma sete espazos e prevé chegar aos 25 en 2030, entre eles o de Ribeira

04 Setembro 2026

O director xeral de Comercio e Consumo avanza no Parlamento a meta de acadar 10 prazas certificadas antes de rematar o ano tras a recente incorporación de Tui.

A Rede de Mercados Excelentes de Galicia continúa a súa expansión e conta xa con sete prazas de abastos certificadas tras a recente adhesión de Tui. O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, destacou hoxe na Comisión 6ª do Parlamento galego que a previsión do Goberno autonómico pasa por acadar os 10 espazos distinguidos ao longo deste 2026 e chegar aos 25 ao remate de 2030, segundo fixa o Plan estratéxico do comercio de Galicia.

Alén subliñou o papel destes recintos como escaparates do produto fresco, local e de calidade, poñendo en valor medidas recentes coma a simplificación dos trámites para acadar o selo e a posta en marcha do Plan de impulso da Rede. A través deste mecanismo, a Xunta asina convenios cos concellos para financiar ata o 70 % das reformas necesarias, aos que se suma o protocolo asinado coa Deputación de Ourense para cubrir ata un 20 % adicional.

Durante este ano sumáronse á rede as prazas de Carballo, Ribeira, Ponteareas e Tui, que se uniron ás xa recoñecidas de Pontedeume, Tomiño e Vilagarcía de Arousa. Ademais, o Goberno galego tramitou convenios en concellos como Ames, Sanxenxo, Xinzo de Limia, Ribadavia e O Carballiño, cun investimento global de 12,3 millóns de euros. No caso ourensán, as obras en marcha permitirán certificar a curto prazo a metade dos seis mercados cos que conta a provincia.

A folla de ruta autonómica contempla novos proxectos e auditorías de diagnose nunha vintena de prazas en toda a comunidade:

  • A Coruña: Ames, A Magdalena (Ferrol) e Cee.
  • Pontevedra: Sanxenxo, Mondariz-Balneario, Ribadumia, O Grove, Redondela, Oia, Cangas, A Guarda, Salceda de Caselas e O Porriño.
  • Ourense: Xinzo de Limia, Ribadavia e O Carballiño.
  • Lugo: Viveiro e Ribadeo.
Director xeral de Comercio e Consumo 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.