A Pobra inviste máis de 30.000 euros na posta a punto dos colexios para a estrea do curso escolar

08 Setembro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal dá a benvida ao curso 2026-2027 despois dun verán no que se intensificaron os labores de mantemento dos centros públicos de infantil e primaria do municipio. As principais melloras leváronse a cabo durante o mes de agosto e supuxeron un investimento superior aos 30.000 euros.

A concelleira de Educación, Amparo Cerecedo, deu conta destes traballos nunha rolda de prensa acompañada por Carlos Abuín, un dos tres conserxes municipais encargados do mantemento dos centros. Cerecedo lembrou que esta é unha competencia que o Concello atende durante todo o ano e que no período estival se reforza con intervencións extraordinarias.

Neste caso, no Colexio Fernández Varela reparáronse os desperfectos da fachada e na Escola do Campo da Angustia acondicionouse unha zona de horta con finalidade lúdica e educativa. As melloras na Escola da Granxa abrangueron tanto a fachada como o interior dunha das aulas, onde se realizaron tarefas de impermeabilización e pintura, ademais da colocación de canlóns en toda a edificación.

Xunto a estas intervencións, durante o ano lévanse a cabo outros labores ordinarios, entre eles a pintura de interiores, as rozas e a reparación de peches e fiestras.

A planificación municipal mira xa cara á seguinte mellora, que se realizará a comezos do vindeiro ano na fachada da Escola Unitaria do Vilariño.

Cerecedo aproveitou a presentación para agradecer especialmente o labor e a implicación coa comunidade educativa dos tres conserxes municipais e trasladou a benvida ao novo curso ao alumnado, ao profesorado e ás familias.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.