A AER celebra este sábado a segunda edición de Tendas á Rúa

02 Setembro 2026

Logo de que fose preciso aprazar a nova edición da xornada Tendas á Rúa prevista para o pasado sábado por motivos meteorolóxicos, a Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) confirmou unha nova e definitiva data para celebrar a segunda edición de Tendas á Rúa: será este sábado 5 de setembro de 11:00h a 14:30h, na praza do Concello en Santa Uxía.

Tras a boa acollida da primeira edición, os comercios participantes volverán saír á rúa para ofrecer os seus produtos e “nunha xornada especial”.

Desde a organización animan á veciñanza “a visitar o evento e apoiar o comercio local”.

Contarase coa participación de 16 comercios locais de sectores como moda, moda infantil, puericultura, deportes e agasallos.

A actividade celebrarase en horario de 11:00h a 15:00h e ofrecerá aos asistentes produtos e promocións especiais nunha contorna ao aire libre.

Esta campaña está organizada pola AER (Asociación de Empresarios de Ribeira) e co-financiada pola Deputación da Coruña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.