Unha persoa excarcerada tras sufrir unha saída de vía na autovía do Barbanza á altura da Pobra

19 Agosto 2026

Un amplo dispositivo de emerxencias tivo que intervir de urxencia tras rexistrarse unha saída de vía na autovía do Barbanza (AG-11), ao seu paso polo termo municipal da Pobra do Caramiñal. O impacto deixou ao condutor e único ocupante atrapado no interior do turismo, obrigando a despregar un complexo operativo de rescate para proceder á súa liberación.

Tras lograr a excarceración, o persoal sanitario prestou as primeiras atencións médicas á persoa ferida no mesmo lugar do accidente antes de proceder ao seu traslado a un centro hospitalario..Efectivos dos parques de bombeiros do Consorcio Provincial da Coruña con base en Ribeira e Boiro desprazáronse con rapidez ata o punto do sinistro para cortar a estrutura do vehículo e evacuar á vítima en condicións de seguridade.

No operativo participaron de xeito conxunto o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, patrullas da Policía Local de Ribeira e da Pobra do Caramiñal, xunto con membros do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM).

Unha persoa excarcerada tras sufrir unha saída de vía na autovía do Barbanza á altura da Pobra, AC Bombeiros Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.