UCIN Boiro propón que a madeira das árbores cortadas en Bealo se reparta entre a veciñanza con dificultades

28 Agosto 2026

O grupo político UCIN Boiro, a través do seu coordinador local, Miguel Piqueras, mostrou nun comunicado a súa preocupación trala recente corta de árbores realizada polo Concello na contorna do campo da festa de San Ramón de Bealo e zonas de lecer da parroquia. A formación política reclama “máis transparencia” nestes feitos, xa que recoñecen que non lles abonda coa explicación dada polo Concello acerca das razóns que motivaron a tala: o mal estado sanitario das árbores. UCIN Galicia di que non se achegaron informes técnicos públicos que avalasen a intervención e que esta “provocou un forte impacto paisaxístico e ambiental nun espazo emblemático para a veciñanza”.

A maiores, a formación esixe a repartición social da madeira acumulada prioritariamente entre os veciños da parroquia con pensións baixas ou en situación de vulnerabilidade económica para axudalos cos custos do fogar no inverno, o acceso público aos informes técnicos que xustificaron a tala de raíz en lugar de traballos de poda ou saneamento, a garantía de que o material retirado non sexa comercializado nin derivado a intereses privados, e a execución dun plan de reforestación inmediata con especies autóctonas para recuperar a sombra e a contorna natural do campo da festa.

Ademais, dende UCIN Boiro anuncian a presentación dunha iniciativa no Concello para protocolizar a repartición de madeira procedente de cortas municipais en futuras actuacións, evitando que a leña acabe desaproveitada ou sen control veciñal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.