Titiriberia despídese este domingo con dous espectáculos para todos os públicos e unha palestra

22 Agosto 2026

O Titiriberia, festival de monicreques tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o INAEM, celebrou en Rianxo este verán a súa undécima edición. A programación de espectáculos desenvolveuse entre o 18 e o 23 de agosto cun cartel que levou até Rianxo un total de 27 funcións de compañías galegas, portuguesas, catalás, aragonesas, vascas, andaluzas e leonesas.

Ás 13.00 horas, no Auditorio de Rianxo, actuará a compañía portuguesa S.A. Marionetas coa obra Dom Roberto. Esta compañía, a partir do testemuño do mestre António Dias, un dos últimos fantocheiros populares portugueses, recuperou e recreou pezas emblemáticas dun dos máis antigos repertorios de marionetas populares. Con este espectáculo a compañía e o seu marionetista José Gil queren manter viva esta valiosa herdanza cultural

Ás 16.30 horas, tamén no Auditorio, terá lugar a palestra Pervivencia do teatro medieval no teatro de títeres. Este encontro aborda, desde diferentes perspectivas, a decisiva pegada que as formas escénicas medievais deixaron no teatro popular de títeres. A actriz e titiriteira Alba Grande, o titiriteiro Anxo García e o investigador da historia das formas teatrais no noso país Julio Montañés fan un repaso por un legado que vive nas formas dramáticas máis populares.

De poñerlle o ramo a esta undécima edición do festival Titiriberia encargarase a formación aragonesa Titiriteros de Binéfarcoa súa montaxe En la boca del lobo. Será ás 20.00 horas no Auditorio. Máscaras, música e contos dan forma ao paseo dun titiriteiro e un músico por un bosque onde se atopan os viláns das fábulas: o lobo, a bruxa, o xigante, o bandido, o trasno e o gato.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.