Titiriberia arrinca este martes en Rianxo con nove espectáculos, o acto inaugural e unha homenaxe a Tanxarina

17 Agosto 2026

A undécima edición do Festival de títeres tradicionais decorrerá entre o 18 e o 23 de agosto con 27 funcións de compañías estatais e internacionais.

A vila de Rianxo convértese a partir deste martes, 18 de agosto, no epicentro da arte dos monicreques co arranque da undécima edición de Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. A cita, organizada pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o INAEM, ofrecerá até o domingo 23 un total de 27 funcións a cargo de elencos procedentes de Galicia, Portugal, Andalucía, Aragón, Cataluña, Euskadi e León.

A xornada inaugural comezará ás 12:00 horas co pasarrúas itinerante A festa dos títeres, a cargo de Títeres Alakrán, Viravolta e Vai de Roda, que partirá do Auditorio para percorrer as rúas rianxeiras. Ás 12:30 horas, o Campo de Arriba acollerá O xigante Barriga Verde, unha proposta de Alakrán arredor da figura senlleira do monicreque tradicional galego, que culminará con representacións clásicas na Feira Vella.

Lambe-Lambe, xogos de feira e historia

Pola tarde, de 18:00 a 20:00 horas, o Campo de Arriba centrarase no formato íntimo do Lambe-Lambe con cinco pezas para grupos reducidos:

  • Os Monicreques de Kukas: estrea de dúas coproducións co festival, Divertimentum Musicum e Sós, o mar, o Barco e máis nós.
  • Rosa Encinas: I Believe I Can Fly.
  • Títeres Babaluva: estrea de Retratos de verán.
  • Diáspora Teatro: Memorias Materiais.

De xeito paralelo, entre as 18:00 e as 19:30 horas, o público poderá gozar dos xogos populares gratuítos de Xogos na Feira Vella (Viravolta) e da instalación interactiva con autómatas Treco-lerias (Trécola Producións).

O programa pecharase ás 20:00 horas co acto institucional de inauguración e a visita guiada á mostra retrospectiva Tanxarina. 40 anos de monicreques, seguida ás 21:30 horas no Auditorio pola montaxe A manos libres, peza solista do titiriteiro catalán Toni Rombau.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.