Teatro Airiños e as tradicionais ‘varietés’ de Barriga Verde protagonizan a xornada do sábado no Titiriberia

21 Agosto 2026

A undécima edición do festival de títeres reúne en Rianxo, 27 espectáculos de compañías estatais e internacionais con alternativa no Auditorio en caso de choiva.

O festival Titiriberia: Festival de títeres tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o INAEM, encara a recta final da súa undécima edición con 27 funcións no seu cartel. A xornada deste sábado, 22 de agosto, combinará actividades solidarias, teatro de rúa e producións propias, coa previsión de trasladar os pases ao Auditorio de Rianxo se as condicións meteorolóxicas resultasen adversas.

Programación para o sábado

  • 12.00 h (Campo de Arriba): Encontro solidario coas persoas participantes na Andaina Solidaria en favor do Pobo Saharaui e as crianzas acollidas polo programa Vacacións en paz, que terán un achegamento directo ao mundo dos monicreques a través de varias compañías do festival.
  • 19.00 h (Campo de Arriba): Estrea da peza Retrincos: Sabela e Peito de Lobo, coproducida polo festival e a veterana agrupación Teatro Airiños, quen recrearán relatos de Castelao para dinamizar a Feira Vella.
  • 19.30 h (Campo da Bacariza, Isorna): A compañía portuguesa SA Marionetas porá en escena Teatro Dom Roberto, baseado no icónico personaxe tradicional do monicreque de cachaporra luso.
  • 20.00 h (Campo de Arriba): Paco Paricio, da compañía aragonesa Titiriteros de Binéfar, conducirá a charla-espectáculo interactiva Los juegos del titiritero.
  • 22.00 h (Campo de Arriba): Representación de As varietés do Barriga Verde, espectáculo anual propio do festival que recrea os números da histórica barraca da familia Silvent. A peza estará presentada por Raquel López Cendán e contará coas intervencións de Colectivo Lobishome, Trécola Producións, Larraitz Producións Artísticas, Teatro Airiños e a música ao vivo do cuarteto rianxeiro Riamona.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.