“Sen discusión: Ceuta e Melilla son españolísimas”. Antón Luaces

27 Agosto 2026

A frase é da ministra de Defensa, Margarita Robles. E ven ser un muro diante das moitas suspicacias xurdidas a partir da entrada ilegal en Ceuta de máis de 80.000 migrantes na súa maior parte marroquís. 

E ten motivos a ministra Robles para proclamar a hispanidade de ambas as dúas cidades autónomas. Como tamén os tivo o presidente da Cidade Autónoma de Melilla, Juan José Imbroda, cando o pasado luns replicou a Rabat que non existe “ningunha razón histórica na que se poida apoiar Marrocos para dicir que Melilla e Ceuta son marroquís”. Polo tanto, “non hai nada que falar” co país magrebí a este respecto.    

Por outra banda, o Tratado de Wad-Ras, acordo asinado o 26 de abril de 1860 entre España e Marrocos, recoñece de xeito pleno, total, polo sultán de Marrocos, a absoluta soberanía -a perpetuidade- de España sobre as prazas de Ceuta e Melilla, así coma os seus territorios e pertenzas. Ambas as partes se comprometen a tais efectos após a victoria das tropas españolas na batalla de Wad-Ras e outras derrotas do exército norteafricano.

O tratado puxo fin oficialmente á Guerra de África (1859-1860) co compromiso de Marrocos de pagar a España unha indemnización de 20 millóns de reais de puras.

As tropas españolas retiveron a cidade de Tetuán como garantía ata que Marrocos pagou a devandita indemnización. 

Pode Marrocos ignorar a responsabilidade que lle corresponde por este Tratado?. Oficialmente, non. Pero non é a primeira vez que o fai. Cal foi o papel desempeñado o pasado mes de xullo polo veciño país, fixo este todo o que podía para evitar a entrada en territorio español (Ceuta) de 80.000 migrantes ilegais, moitos deles nenas e nenos non acompañados que agora se negan a regresar á terra que os viu partir con moitas posibilidades de morrer no intento?..

O ministro de Política Territorial e responsábel de cordinar a xestión da situación en Ceuta, Ángel Víctor Torres, anunciou onte, mércores, que a próxima xuntanza do grupo de traballo será presidida por Pedro Sánchez desde Moncloa e que será o vindeiro venres. As reunións do comité de mando único serán semanais. A estas poderán sumarse outros encontros de carácter extraordinario.

Cómpre pensar que, en calquera caso, Marrocos ten moito que clarexar polo ben dad partes.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.