Os embarques da CEMMA este verán constataron unha importante presenza de golfiños, candorcas e baleas na nosa costa

31 Agosto 2026

Este domingo 30 de agosto de 2026, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA realizou tres embarques participativos simultáneos, a través dos cales comprobou, unha vez máis, “a alta biodiversidade da costa galega”.

Os embarques decorreron nas inmediacións da ría de Arousa co barco Chasula, a ría de Vigo co barco Evangelina e Fisterra co A Munís. No balance feito pola coordinadora destas misións, tanto en Arousa, como en Fisterra o golfiño común, Delphinus dephis, achegouse ás embarcacións en mandas numerosas acompañando a navegación.

En Fisterra, ademais da presenza dos golfiños, víronse novamente dous exemplares de baleas. “O material gráfico recollido vainos permitir confirmar se se trata de novo de baleas azuis, o animal vivo meirande do planeta Terra”, declarou Alfredo López, biólogo e presidente da CEMMA.

Finalmente, no embarque realizado na ría de Vigo as protagonistas foron as candorcas, que se deixaron ver ao longo da costa da Vela, entre Ons e Cíes. “Era unha manda de entre 7 e 8 exemplares, un deles un cachorro. Entre as candorcas da manda, foi identificada a avoa Toñi, que amosa as feridas abertas do disparo de hai unhas semanas no sur da Península, e o macho Pingu. No momento de finalizar o avistamento as candorcas navegaban en dirección suroeste”, sinala Alfredo López.

O esforzo realizado pola CEMMA, poñendo no mar tres embarques participativos, deu os seus froitos. No próximos días e grazas ao material gráfico obtido, poderán, por exemplo, identificarse as candorcas avistadas.

Durante os meses de verán a CEMMA convocou varios embarques participativos nos que compartiu cos participantes gastos e experiencia e, a través da metodoloxía científica e mediante unha actividade de ciencia cidadá, permitiu ás persoas interesadas participar nunha xornada de censo de cetáceos e mesmo de identificación de individuos. Estas actividades contan coas autorizacións respectivas da Xunta de Galicia e MITECO.

Noutros embarques realizados en días anteriores no interior da ría de Vigo en semanas anteriores, a CEMMA puido comprobar a presenza de arroaces xa coñecidos, con casos moi paradigmáticos, como o arroaz Auxias, coñecido dende 2004, ou o caso dunha femia rescatada no seu día en Lourizán, que se achegou ao barco para deixarse identificar.

“Todas estas campañas permiten coñecer a biodiversidade de Galiza e a importancia da nosa costa dentro do ecosistema mariño, pois a riqueza das augas galegas, grazas ao afloramento, fai dela unha despensa natural que non só nos alimenta aos humanos, senón tamén a outros seres vivos que con nós habitan o planeta. Con estas campañas aumentamos a concienciación sobre a necesidade de coidar o medio-ambiente e obtemos información moi valiosa para o futuro da costa galega e dos cetáceos” conclúe o presidente da CEMMA.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

ADEGA denuncia agresións a especies protexidas na illa de Ons

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou unha agresión ao patrimonio natural galego nas Illas Atlánticas. En concreto, puxo o foco na destrución de exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción que segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.