“Ormuz será territorio dos Estados Unidos de América”. Antón Luaces

16 Agosto 2026

Cando menos é o que dixo Donald Trump, ata o de agora e por poucos meses presidente norteamericano.

Bota man o mandatario estadounidense das súas xa coñecidas baladronadas sen pés nen cabeza que, após dicilas, non desminte el senón os feitos. Porque Trump é un mentireiro irredento.

En concreto, o presidente estadounidense afirmou o venres que “pronto” -dempois de derrotar a Irán- vai declarar o estreito de Ormuz, onde están fondeados dende vai máis dun ano centos de buques, “territorio norteamericano”.

Non sei se o propio presidente chega a crér nesa impensable posibilidade, pero o dito por el engade á zanoria un valor nunca ata o de agora recoñecido: o poder adivinatorio, desbotada xa a súa capacidade intelectual.

“En pouco tempo, moi pronto, declararéi o estreito de Ormuz territorio de Estados Unidos. É certo”. E ficou tranquilo, amparado nun beatífico sorriso de neno bó ou perdido no infindo. Engadiu que esto acontecerá dempois de que derroten a Irán que, dixo tamén, “está sendo derrotado”, percepción esta que non teñen os seus concidadáns nen a maioría dos habitantes do planeta Terra.

Mañá, luns, 17 de agosto, remata o prazo de 60 días que se outorgaron EUA e Irán coa sinatura dun memorando de entendemento o pasado 17 de xuño, que declaraba o “cese inmediato e permanente das operacións militares en tódalas frontes” como parte “dun proceso para negociaren a fin da guerra en Oriente Medio”.

Segundo Trump, Estados Unidos controla ese paso internacional que Irán manifesta ter absolutamente baixo o seu dominio e que non cederá este ata que Estados Unidos “non poña fin á guerra e ao bloqueo”.

Quen é o gato e quen o rato?.

…

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.