O Museo municipal de Ribeira amosa a artesanía elaborada polas alumnas da Asociación Amas de Casa

18 Agosto 2026

O VI Certame Cultural Aires de Dorna pode visitarse ata o 15 de setembro

O resultado dos talleres artesanais e culturais da Asociación Amas de Casa amósase no Museo municipal de Ribeira en formato de exposición co sexto Certame Cultural Aires de Dorna, coa colaboración do Concello.

Durante a apertura, a alcaldesa, María Sampedro, manifestou que “consideramos que non había mellor lugar para esta mostra que, aquí, neste Museo municipal que alberga tamén unha colección de bonecas vestidas con traxes tradicionais cedida no seu día pola anterior presidenta, Magdalena Bringas.” Sampedro tamén recoñeceu á Asociación Amas de Casa como “todo un exemplo da fortaleza do tecido asociativo no noso municipio. É un orgullo ver a vitalidade desta entidade e como contribúen ao dinamismo social e cultural da nosa localidade.” En consecuencia, a rexedora agradeceu “facernos partícipes unha vez máis do voso talento, do valor do feito á man. Porque todo o feito a devagar leva non só tempo, tamén agarimo. E, ao mesmo tempo, mantense vivo o legado dos nosos devanceiros. Gracias a toda a gran familia de Amas de Casa e, nomeadamente, á súa actual presidenta, Puri Cores.” Esta última enxalzou o traballo que realiza a entidade que preside e a implicación de tódalas socias, máis dun milleiro, o que a converte nunha das máis numerosas. A mostra atópase conformada por traballos de bolillos, vainicas ou bordado realizado polas aproximadamente 200 alumnas que congrega dita entidade exclusivamente nos obradoiros de artesanía ao longo de todo o ano. As visitas poderanse realizar ata o 15 de setembro, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas, así como os sábados, dende as 12.00 ata as 14.00 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.