O lugar de Teira mergúllase no ambiente festivo no 21 de agosto

18 Agosto 2026

A música será a gran protagonista

Continúan sucedéndose as festas en Ribeira e o lugar de Teira estará de celebración no venres, 21 de agosto; unha única xornada organizada pola Asociación Teira Leria, coa colaboración do Concello de Ribeira, na que a música será a gran protagonista. O concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, manifesta que “o calendario estival está repleto de celebracións para desfrutar de cada recuncho de Ribeira, bailando, compartindo momentos, xuntándose cos veciños… E os grupos e DJ coexisten coa tradición.” As bombas de palenque soarán ás 12.00 horas para, nese momento, dar saída ao pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Xiada. Doutra banda, o ritmo da noite virá marcado por DJ Martin, ás 21.00 horas; Trío Alborada, ás 23.00 horas; e DJ Maikel Style, ás 02.00 horas. Instalarase, así mesmo, un punto de venda de camisetas e bocadillos para axudar a recadar fondos para os festexos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.