O Concello pecha por motivos de seguridade a pasarela de Esteiro: a Ponte de Evaristo

04 Agosto 2026

Por recomendación dos servizos técnicos municipais o Concello de Muros procedeu estes días ao peche total da pasarela de madeira que une o Artón co peirao en Esteiro, a construción coñecida como a Ponte de Evaristo, tras “detectarse un dano na súa estrutura durante os traballos habituais de mantemento que se realizan de maneira periódica”.

O Concello informou que esta infraestrutura “é obxecto de revisións e labores de conservación de forma continuada e, de feito, antes do inicio da tempada estival levouse a cabo unha nova inspección e as correspondentes actuacións de mantemento”. Foi precisamente no transcurso destas tarefas habituais cando se detectou unha deterioración estrutural que aconsella adoptar esta medida de precaución.

Segundo o informe técnico, “un tránsito peonil ordenado non suporía, en principio, un risco inmediato”. Con todo, dende o Concello sinalan que non “é posíbel garantir que a pasarela non soporte cargas superiores ás previstas ou que se produzan comportamentos inadecuados, como sentarse ou colgarse das varandas, situacións que poderían comprometer a súa seguridade”.

O Concello desculpouse ante residentes e visitantes “polas molestias que poida ocasionar este peche, e máis en tempada estival, pero entendemos que a seguridade debe estar sempre por riba de calquera outra consideración”.

Paralelamente, o Concello xa está a impulsar os trámites necesarios para definir e executar a solución máis axeitada, xa sexa mediante a reparación da infraestrutura ou, se así o determinan os informes técnicos, a súa substitución.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.