O Concello do Dodro rende homenaxe a Moncho Reboiras

07 Agosto 2026

O Concello de Dodro organiza unha homenaxe a Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras, este mércores 12 de agosto, ás 13.00 horas na Lavandeira (Imo). Data na que se cumpren 51 anos do seu asasinato en Ferrol a mans da policía franquista.

O aniversario do pasamento de Moncho Reboiras inclúe un amplo programa de actividades conmemorativas que darán comezo o martes 11 de agosto en Fene e en Compostela e que o mércores 12 de agosto centraranse en Dodro. Comezando ás 12.00 horas no Cemiterio de Imo para logo trasladarse ás 13.00 horas á Lavandeira.

Nesta última localización terá lugar a entrega á familia do título que recoñece a Xosé Ramón Reboiras Noia como Fillo Predilecto do Concello de Dodro.

No acto institucional intervirán Manuel Reboiras Noia, irmán de Moncho, e concelleiros, clausurando o acto o alcalde de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís.

O acto na memoria de Moncho Reboiras forma parte dunha serie de actuacións coas que o Concello de Dodro está a divulgar a importancia do seu veciño nado en Imo, figura esencial do sindicalismo e do activismo político na loita contra a ditadura franquista en Galicia.

Iniciativas que comezan no ano 2022 co nomeamento da rúa Moncho Reboiras, ao tramo da Estrada AC-305 onde fica a súa casa natal e que seguen co outorgamento do título de Fillo Predilecto do Concello de Dodro o 11 de novembro de 2025

No ano 2009, mediante resolución do Ministerio de Xustiza, Moncho Reboiras foi recoñecido como vítima do franquismo polo tanto esta homenaxe constitúe para o Concello de Dodro un exercicio de democracia necesario para a memoria histórica e a xustiza. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.