O Concello de Rianxo licita o proxecto para mellorar a contorna do Hórreo de Araño

26 Agosto 2026

O Concello de Rianxo anunciou a licitación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño, unha xoia patrimonial do Barbanza que, segundo se ten confirmado, é o de maior extensión deste tipo de construcións tradicionais galegas, seguido do de Carnota.

O proxecto conta cun orzamento total de 215.985 euros. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo.

A actuación que se vai levar a cabo permitirá, entre outras cousas, renovar todo o firme da rede viaria do entorno, mellorar as zonas de estacionamento e mellorar a sinalización do hórreo.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo Abuín, asinaron o pasado 30 de xuño un convenio de colaboración para acometer a mellora da contorna e dos accesos ao Hórreo do Araño, considerado un recurso turístico de gran valor etnográfico e patrimonial ao tratarse do máis longo e de maior capacidade de Galicia.

Merelles engadiu daquela que “a actuación ten como obxectivo facilitar o acceso a este elemento patrimonial singular, mellorar a experiencia das persoas visitantes e contribuír á súa posta en valor, ao tempo que se reforza a conservación da contorna e a mobilidade sostíbel”. Ademais de mellorar a accesibilidade a este recurso turístico, tamén contribuirá a distribuír os fluxos turísticos de maneira máis equilibrada ao tempo que fomenta un turismo responsábel e sostíbel, “outro dos obxectivos da Estratexia de Turismo de Galicia 2030”, sinalou Xosé Merelles.

Durante a sinatura, o director de Turismo de Galicia destacou que “o Hórreo do Araño é un dos grandes símbolos do patrimonio etnográfico galego e esta actuación permitirá mellorar a súa accesibilidade, a súa interpretación e a experiencia das persoas que o visitan, sempre desde o respecto á súa contorna e aos seus valores patrimoniais”.

Medidas concretas

As actuacións previstas permitirán resolver as actuais deficiencias da zona, especialmente os problemas derivados da drenaxe e do estado do firme, que dificultan o acceso e limitan o tránsito de vehículos de maior tamaño. Ademais, repararase e renovarase o firme do aparcamento e da vía pública, e crearase unha área de estacionamento adaptada ao movemento de vehículos, construiranse novos sendeiros e unha pasarela de madeira que funcionará como miradoiro sobre o val que une a parroquia do Araño coa ría de Arousa.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.