O BNG de Ribeira conmemora o Día da Galiza Mártir cun roteiro de homenaxe e compromiso democrático

20 Agosto 2026

O BNG de Ribeira celebrou o Día da Galiza Mártir cun roteiro pola memoria histórica que percorreu varios puntos emblemáticos da vila e culminou cunha ofrenda floral no Malecón, xunto á escultura en lembranza das vítimas da ditadura franquista.

A xornada combinou a homenaxe ás figuras represaliadas coa reivindicación dos valores de liberdade, xustiza e dignidade a través de varias paradas:

  • Rúa Alexandre Bóveda: Xana Ledo abriu o acto lembrando o 90 aniversario do fusilamento do dirixente galeguista na Caeira (Poio), destacando a súa entrega á causa dunha Galiza con capacidade de decisión política e económica.
  • Mural de Castelao: Elsa Santamaría (Galiza Nova) puxo en valor a compenetración estratéxica e cultural entre Castelao («a alma») e Bóveda («o motor») no nacemento do Partido Galeguista e no impulso do Estatuto de 1936.
  • Rúa Manuel Lustres Rivas: Marián González repasou a traxectoria do escritor e xornalista ribeirense, detido e asasinado en 1936 tras pasar pola prisión de San Simón, subliñando a necesidade de facer xustiza a través da memoria.
  • Monumento ás vítimas no Malecón: Xan Hermida, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, incidiu no drama dos desaparecidos e na urxencia das exhumacións pendentes na comarca, ademais de denunciar os dous ataques recentes sufridos pola escultura local sen reproche do goberno municipal.

O acto pechouno o exalcalde e portavoz municipal do BNG, Luís Pérez Barral, quen reivindicou a orixe da efeméride no exilio galego e a responsabilidade de manter vivo o legado democrático. Pérez Barral vinculou eses principios coa actual defensa da lingua, dos servizos públicos e dos dereitos humanos, lembrando ademais o asasinato consecutivo en agosto de 1936 de referentes como Alexandre Bóveda, Federico García Lorca e Ánxel Casal antes de proceder á tradicional ofrenda floral.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.