Novas obras de saneamento en Esteiro, na zona de Agrocovo

30 Agosto 2026

O Concello de Muros informou do inicio dos traballos correspondentes á obra “Saneamento en Agrocovo, Fase 2”, unha actuación que permitirá dotar esta zona de Esteiro dunha nova infraestrutura de saneamento.

A concelleira de Obras e Servizos, Laura Rivadeneira, visitou a semana pasada o lugar onde se desenvolven os labores xunto coa concelleira Maruxa Martínez.

Tras a visita, Rivadeneira sinalou que “esta obra permitirá dotar Agrocovo dunha infraestrutura de saneamento da que actualmente non dispón. É unha actuación importante para esta zona e unha mostra do traballo que estamos a desenvolver desde o Concello de Muros para seguir avanzando na dotación de servizos básicos”.

A obra contempla a instalación de novos colectores de PVC, pozos de rexistro e conexións das acometidas domiciliarias, así como novas canalizacións para comunicacións, baixa tensión e alumeado público. Tamén se executarán as correspondentes arquetas e se procederá á reposición dos firmes e pavimentos.

A actuación foi licitada e adxudicada por 90.400 euros e está financiada ao abeiro do POS+ Adicional 2/2025 da Deputación da Coruña.

Unha actuación coa que o Concello continúa ampliando e dotando de novas infraestruturas e servizos básicos diferentes zonas do municipio.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.