
Noia vai acoller este mes de setembro a primeira edición do festival Antares Urban Open Air, unha nova proposta que o sábado 12 de setembro converterá San Lázaro nun punto de encontro para os amantes da música electrónica.
O cartel inclúe diferentes modalidades do que se coñece como música electrónica: classics, dance, EDM, hardcore, hardstyle, hard techno, house dos 2000, remember e uptempo. Ademais, tamén haberá cultura e deportes urbanos durante a tarde, da man de Vella Escola, con obradoiros e demostracións de parkour, pumptrack, street football e art stencil.
A cita será en San Lázaro a partir das 16.00 horas. A entrada será gratuíta. Na organización atópase un equipo de promotores locais que contan, para este novo evento, co apoio do Concello de Noia.




