Noia celebrará a eclipse con charlas científicas, xogos para a rapazada, reparto de lentes e música

06 Agosto 2026

O 12 de agosto vaise poder contemplar dende Galicia un eclipse solar histórico, un fenómeno que non ocorría de forma visíbel na Península Ibérica desde hai máis de un século (desde 1912). A franxa de escuridade total cruzará o país dende o noroeste ata o Mediterráneo ao solpor, facendo de Galicia a primeira comunidade en presenciar a totalidade. Para poder gozar da eclipse con información e, sobre todo, con seguridade, os nosos concellos están a preparar unha manchea de actividades. Por exemplo o de Noia, que converterá o Paseo Marítimo, na dita tarde do 12 de agosto, nun espazo de encontro para “compartir un dos grandes espectáculos astronómicos dos últimos anos”. Previamente (ao mediodía) celebrarase unha charla científica e divulgativa no Coliseo Noela a cargo de José Edelstein (Bos Aires, 1968), físico teórico, investigador e comunicador científico arxentino afincado en Galicia. Exerce como profesor de Física Teórica na Universidade de Santiago de Compostela e desenvolve o seu labor investigador no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).

Para desfrutalo con todas as garantías, o Concello preparou unha xornada para toda a familia:

12:00 h | Charla co astrónomo José Edelstein no Coliseo Noela.

17:30 h | Inchábeis para a cativada nas pistas de tenis do Paseo.

Todo o día | Reparto gratuíto de lentes homologadas.

19:30 – 21:30 h | Visionado do eclipse, acompañado de música de ambiente.

Será en palabras do Concello “unha oportunidade única para aprender, compartir e vivir un momento que tardaremos moitos anos en volver ver”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.