
Este venres 28 de agosto vaise celebrar unha nova edición do Entroido de Verán en Noia, unha festa lúdica e festiva que traslada o espírito do entroido tradicional de febreiro á época estival.
A vila enchese de xente disfrazada, música en directo, sesións de DJs e actividades infantís repartidas en diferentes zonas e ambientes urbanos.
A festa espallarase polas rúas con catro ambientes diferentes para desfrutar durante toda a tarde e a noite do venres: a zona do Curro (Noite de Río, con animación de baile a cargo de Tarafa, un concerto de La Disquetera e música DJ a cargo de Disco Móbil Chocolate), a zona do Malecón de Gasset (o Malecón Cubano, coa actuación de Habana Café Son e con DJ Chocolate), a zona da praza da Constitución (Noite de Branca) e a zona da Alameda (coa Festa Caribeña dende as 17.30 horas, que inclúe inchábeis para a rapazada, as actuacións de The Gods e Glasgow 15, fogos artificiais á medianoite e música nocturna con DJ Gabri Salgado e Disco Chocolate).
Organiza o Concello de Noia.




