Noia acolle este domingo unha degustación gratuíta de peixe de Laxe

30 Agosto 2026

Este domingo 30 de agosto, a Praza de Abastos de Noia acollerá unha degustación gratuíta de tapas elaboradas con peixe da Lonxa de Laxe, a partir das 12.00 horas.

A actividade está organizada pola Confraría de Pescadores “San Roque de Laxe” e Mar de Laxe, coa colaboración do Concello de Noia.

A actividade instalarase no primeiro posto desde a entrada da praza, buscando así a maior visibilidade posíbel para todos os asistentes ao mercado.

Á fronte das elaboracións estará o cociñeiro Miguel Mosteiro, embaixador dos peixes e mariscos de Laxe, que ofrecerá aos asistentes dúas preparacións distintas realizadas con peixe da lonxa de Laxe. En total, repartiranse máis de 300 tapas gratuítas, ata esgotar existencias.

Esta acción forma parte da campaña de promoción do peixe de Laxe impulsada pola confraría co apoio do GALP Costa da Morte, que xa recalou este verán en Santiago de Compostela, tras a edición do pasado ano, con accións en Vimianzo e A Coruña. A campaña continuará o 10 de setembro cunha nova cita en Carballo, e pecharase o 1 de outubro no Parador Costa da Morte, en Muxía.

O obxectivo destas accións é “fomentar o consumo de peixe fresco e de proximidade, poñendo en valor a pesca artesanal e o traballo dos mariñeiros de Laxe, fundamentais para a economía local e a cultura mariñeira da Costa da Morte”, informaron fontes do pósito da Costa da Morte.

Con esta iniciativa, a Confraría de Laxe reafirma o seu compromiso coa sustentabilidade, a calidade e a posta en valor da pesca artesanal, un sector que, segundo lembra a entidade de pescadores, “representa a esencia e o futuro das comunidades costeiras de Galicia”.

Outros artigos

Camiño Escena Norte inclúe Outes no seu percorrido galego

Volve coller corpo Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas que celebra este ano a súa oitava edición e que desenvolverá (co apoio da Xunta) a súa programación do 18 de setembro ao 15 de novembro de xeito simultáneo en...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.