Melloras de mantemento na contorna da estrada entre Louro e Muros

12 Agosto 2026

O plan de mantemento do Concello de Muros continúa avanzando en diferentes puntos do municipio.

Nos últimos días, unha empresa especializada realizou traballos de mantemento na contorna da estrada comarcal AC-550, entre Louro e Muros, actuando nos miradoiros, nas áreas de descanso e no paseo peonil que une ambas localidades.

A concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, destacou que “o mantemento do concello require un traballo constante e planificado. Con este tipo de actuacións seguimos mellorando espazos moi transitados, facendo que sexan máis seguros, accesíbeis e agradábeis”.

Traballos de roza en Tras da Costa

Ademais, ao abeiro do plan de mantemento do Concello, a brigada municipal de obras realizou traballos de roza no núcleo de Tras da Costa, acondicionando os camiños para facilitar o paso de vehículos e peóns e mellorar a visibilidade da contorna.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.