Martes 11, día seco e soledado con ascenso xeral de temperaturas e formación de néboas locais nas primeiras e últimas horas do día

10 Agosto 2026

Galicia recuperará este martes 11, Santa Clara e Santa Susana, patroa de Santiago, o tempo estable e o protagonismo do sol grazas á entrada do dominio anticiclónico, acompañado dunha circulación de ventos de compoñente norte e o fluxo de aire cálido procedente do sur da Península Ibérica.

A predición meteorolóxica apunta a unha xornada xeralmente seca e con ceos despexados na maioría do territorio. Con todo, a estabilidade propiciará a aparición de néboas matinais no interior e brétemas costeiras no litoral, que tenderán a disiparse ao longo da mañá para reaparecer de novo cara á noite.

As temperaturas experimentarán un lixeiro a moderado ascenso, ofrecendo un ambiente cálido e agradable nas horas centrais do día (máximas de 30-32 graos). Pola súa banda, o vento soprará do nordés, amosándose frouxo no interior e con intervalos de intensidade moderada no litoral galego.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar rizado á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.