Máis nubes que sol e posibilidade de orballo suave este domingo nas primeiras horas nas Rías Baixas e en Santiago

07 Agosto 2026

Máis nubes que sol e posibilidade de orballo suave este domingo nas Rías Baixas e en Santiago

A xornada deste domingo, 9 de agosto, estará marcada por unha situación meteorolóxica intermedia na metade occidental galega. Agárdase unha alternancia de ceos anubrados e momentos de nubes e claros, sen descartar algunha ameaza de orballo feble durante as primeiras horas do día.As temperaturas manteranse suaves e sen grandes cambios respecto aos días anteriores. Máximas 26 graos.

Nas Rías Baixas

A mañá arrincará cos ceos bastante cubertos e posibilidade de orballos febles ou chuvias moi febles e dispersas, especialmente no litoral pontevedrés. A partir do mediodía a nubosidade irase abrindo para deixar paso a momentos de nubes e claros. O vento soprará frouxo de compoñente oeste-sudoeste. As temperaturas mínimas rodrán os 17-18 °C e as máximas acadarán os 24-26 °C .

En Santiago de Compostela

Na capital galega predominarán os ceos cubertos pola mañá, coa presenza de brétemas ou orballos moi febles nas primeiras horas. De cara á tarde, a probabilidade de precipitación diminuirá e agárdanse aberturas de Claros. Os termómetros moveranse entre os 16-17 °C de mínima e os 26 °C de máxima, nun ambiente fresco pola mañá e tépido pola tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e 1 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.