Máis dun cento de nenos e nenas celebraron cunha gran festa a fin das actividades de verán de Lousame

31 Agosto 2026

Máis dun cento de nenos e nenas de Lousame tomaron parte na mañá deste 31 de agosto, luns, na Festa de Despedida das Actividades de Verán, organizada polo Concello de Lousame. Unha iniciativa gratuíta que se desenvolveu entre as 10:00 e as 14:00 horas na piscina municipal e no Polideportivo Pilar Barreiro Senra.

Á festa estaban convidadas todas as crianzas que tomaron parte nos distintos programas de conciliación e ocio postos en marcha polo Concello de Lousame durante este verán: cursos de natación, Concilia Verán, Campamentos de Verán, Verán Activo e Leisure Activities in english.

Ademais de xogos e piscina, a rapazada desfrutou dun inchábel acuático e dun fin de festa cunha carreira holi run (unha proba non competitiva onde os participantes son “bañados” con pos de cores feitos de amidón de millo e colorantes naturais) e dunha tradicional festa da escuma.

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, desprazouse ata A Silva para desfrutar da festa coas crianzas, momento que aproveitou para agradecer a colaboración do voluntariado xuvenil e europeo, “se cuxo apoio sería imposíbel non só celebrar este tipo de festas, senón levar a cabo os distintos programas de verán que poñemos en marcha dende o Concello”.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

ADEGA denuncia agresións a especies protexidas na illa de Ons

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou unha agresión ao patrimonio natural galego nas Illas Atlánticas. En concreto, puxo o foco na destrución de exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción que segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.