Máis de trinta nenos e nenas participan en Lousame no programa «Leisure activities in English»

18 Agosto 2026

A iniciativa municipal gratuíta fomenta a conciliación familiar e a aprendizaxe do idioma mediante xogos e obradoiros no local social do Sanguiñal.

Máis de trinta nenos e nenas de entre 6 e 12 anos participan esta semana nas xornadas «Leisure activities in English», un programa gratuíto impulsado polo Concello de Lousame que combina a conciliación da vida familiar e laboral coa práctica lúdica da lingua inglesa durante o período estival.

A alcaldesa en funcións de Lousame, Silvia Agrafojo, visitou aos participantes durante a xornada inaugural para coñecer de primeira man o desenvolvemento dos obradoiros. As actividades están impartidas por Coco Golte e Alice Guyot, voluntarias chegadas ao municipio o pasado mes de xullo ao abeiro do programa do Corpo Europeo de Solidariedade, contando ademais co apoio do voluntariado xuvenil local.

As sesións desenvólvense no local social do Sanguiñal (Tállara) ata o vindeiro venres 21 de agosto, en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas.

A programación está deseñada integramente en inglés e inclúe propostas de lecer como:

  • Obradoiros de manualidades e pintura.
  • Sesións de karaoke e dinámicas musicais.
  • Xogos grupais e espazos de conversa adaptados ás diferentes idades.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.