Galicia blinda a conservación das súas estradas co maior investimento da súa historia neste ámbito: 71,5 millóns

05 Agosto 2026

O plan de conservación viaria para 2026 inclúe reforzos de firme, inspección de pontes e o mantemento do dispositivo de vialidade invernal.

A Xunta de Galicia destinará este ano 71,5 millóns de euros á conservación e mantemento da rede autonómica de estradas, o que supón o maior investimento realizado ata agora neste ámbito. Este investimento récord sitúase no contexto dunha rede que suma preto de 5.500 quilómetros, onde a súa conservación constitúe unha prioridade estratéxica para o Goberno galego de garantir a conectividade, a competitividade económica e a cohesión territorial.

Máis recursos: conservación ordinaria, vialidade invernal e reforzos de firme

Entre as partidas destacadas figuran o incremento nos fondos para conservación ordinaria e vialidade invernal, así como o Plan de reforzos de firme, dotado este ano con 27 millóns de euros.

A Xunta mantén contratos activos nas sete áreas en que se divide a rede autonómica —A Coruña norte e sur, Lugo norte e sur, Ourense, e Pontevedra norte e sur—, cun investimento conxunto de máis de 175 millóns de euros para os próximos catro anos.

Entre os traballos que se desenvolven inclúense labores de limpeza e roza, reparacións de firme, mantemento da sinalización horizontal e vertical, atención a incidencias e accidentes, retirada de obstáculos e actuacións específicas para garantir a vialidade durante episodios meteorolóxicos adversos.

Case 54 millóns en reforzos de firme en marcha

Nas catro provincias avanzan neste momento actuacións de reforzo de firme por un importe total próximo aos 54 millóns de euros.

En Pontevedra hai obras en marcha en concellos como Bueu, Cangas, A Guarda, Oia, O Rosal, Mondariz, As Neves ou Vilagarcía, ademais de novas actuacións previstas en Agolada e A Estrada, e outras xa licitadas en Vigo, Redondela, Lalín ou Rodeiro.

En Coruña avanzan os reforzos en sete estradas autonómicas e a rehabilitación integral da AG-11, cunha nova fase de obras prevista en Lousame, Noia, Ames, Boqueixón, Teo e Santiago.

En Ourense seguen as actuacións de conservación urbana na capital, e nas próximas semanas comezarán obras en seis estradas ao seu paso por Maceda, Allariz ou San Cibrao das Viñas.

En Lugo está prevista a execución de reforzos de firme en vías que atravesan Lugo, Castro de Rei, Vilalba, Monforte de Lemos, Sarria e Portomarín.

Pontes e obras de paso: máis de 13 millóns

Cómpre destacar tamén o sistema de xestión de pontes e obras de paso desenvolvido pola Xunta de Galicia como ferramenta clave para priorizar actuacións e garantir a seguridade estrutural.

A Xunta de Galicia destina máis de 13 millóns de euros á inspección e conservación destas infraestruturas durante os próximos catro anos, a través de dous contratos centrados na inspección, redacción de proxectos e execución das actuacións necesarias.

Os traballos inclúen substitución de xuntas de dilatación, reparación de sistemas de drenaxe e contención, limpeza de paramentos ou reparación de fisuras e gretas.

Ademais, dentro das actuacións en materia de conservación investiranse este ano preto de 900.000 euros na conservación de muros e noiros existentes da rede autonómica, dentro da estratexia impulsada pola a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático destas estruturas.

En definitiva, a Xunta de Galicia mantén unha política de planificación, investimento e mantemento constante para garantir unhas estradas de titularidade autonómica seguras e en boas condicións para todos os galegos.

Outros artigos

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

+

Xoves 6, sol e suba da temperatura

Durante o xoves Galicia queda na influencia das altas presións con réxime de ventos do nordés. Con esta situación comezaremos a xornada con ceos parcialmente cubertos, con orballos no extremo norte e co avance do día as nubes iranse retirando en xeral, permanecendo as...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.